ATA O 15/03/2023: ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O COBRO DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE:

PROCEDEMENTO PEM: LIBRAMENTO CONTRATACIÓN

  1. Descargar neste ENLACE os Anexos correspondentes, en: INFORMACIÓN XERAL – ENLACES DE INTERESE – PLAN EMPLEO 2023 – DOCUMENTACIÓN PLAN EMPLEO 2023 – CONTRATACIÓN 2023 –  SOLICITUDE LIBRAMENTO
  2. Ler, cubrir e asinar os anexos que alí aparecen
  3. Imprimir e colocar o CARTEL/PLACA publicitaria que está no enlace indicado no punto 1.
  4. PRESENTACIÓN TELEMÁTICA: Neste ENLACE ir a: CATÁLOGO DE TRÁMITES – TRÁMITES DESTACADOS – INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa Instancia Xeral e achegar os Anexos I, II e III, así como a seguinte documentación:
    • Copia das transferencias bancarias das nóminas aboadas á persoa traballadora ou certificación bancaria acreditativa do seu pago
    • Modelo da Seguridade Social: RNT (Relación Nominal de Traballadores/as) de todos os meses dos que se solicita o cobro
    • Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (AEAT; ATRIGA; Concello de Xove, neste caso facilitado de oficio polo Concello) e coa Seguridade Social ou autorización á súa consulta
    • Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma
    • Documentación xustificativa relativa ao Incentivo de Formación, se é o caso
    • Acreditación documental (fotografía na que se vexa claramente a colocacion do cartel en modelo normalizado) do cumprimento da obriga de publicidade do financiamento público

 PROCEDEMENTO PEM: LIBRAMENTO AUTOEMPREGO

  1. Descargar neste ENLACE os Anexos correspondentes, en: INFORMACIÓN XERAL – ENLACES DE INTERESE – PLAN EMPLEO 2023 – DOCUMENTACIÓN PLAN EMPLEO 2023 – AUTOEMPLEO 2023 –  SOLICITUDE LIBRAMENTO
  2. Ler, cubrir e asinar os anexos que alí aparecen
  3. Imprimir e colocar o CARTEL/PLACA publicitaria que está no enlace indicado no punto 1.
  4. PRESENTACIÓN TELEMÁTICA: Neste ENLACE ir a: CATÁLOGO DE TRÁMITES – TRÁMITES DESTACADOS – INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa Instancia Xeral e achegar os Anexos I e II, así como a seguinte documentación:
    • Xustificante bancario do pago de autónomos de todos os meses dos que se solicita o cobro
    • Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (AEAT; ATRIGA; Concello de Xove, neste caso facilitado de oficio polo Concello) e coa Seguridade Social ou autorización á súa consulta
    • Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma
    • Documentación xustificativa relativa ao Incentivo de Formación, se é o caso
    • Acreditación documental (fotografía na que se vexa claramente a colocacion do cartel en modelo normalizado) do cumprimento da obriga de publicidade do financiamento público

SE TES CALQUERA DÚBIDA OU NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN, CONTACTA CON ROSA LAGE no 982592001 ou no aedl@xove.es

ENLACE ONDE DESCARGAR AS BASES PEM 2023

Print Friendly, PDF & Email