Consellos para redactar un bo currículo
- Emprega papel branco ou cor moi claro, de calidade, sen adornos e/ou filigranas
- O currículo debe estar adaptado ao posto de traballo ó que se opta
- Redacta dunha maneira clara, concisa e concreta
- Destaca os teus datos de contacto
- Expresa cada idea nunha frase e utiliza frases e parágrafos curtos
- Coida a presentación e revisa a ortografía antes de envialo
- Acompaña o currículo cunha carta de presentación
Descarga o modelo de Currilum que mellor se adapte ás túas necesidades
Modelo Curriculum con Exemplo de Obxectivo Profesional
A Carta de Presentación
A carta de presentación é unha poderosa axuda que acompaña ao currículo á hora de atopar traballo.
O obxectivo desta carta é xerar interese na candidatura e pretende conseguir que desexen coñecer a persoa candidata e concederlle unha entrevista de traballo.
Existen dous modelos:
- Para responder a unha oferta de emprego
Enviase en resposta a unha oferta de emprego publicada xa sexa en prensa ou internet. - Enviar unha candidatura expontánea
A carta de presentación de candidatura espontánea permite tomar unha actitude activa e contactar coas empresas nas que se desexa traballar