CURSO DE RECICLAXE PARA SOCORRISTAS

Mañá remata o prazo para inscribirte neste curso que é necesario para renovar o CARNÉ DE SOCORRISTA

Aínda que non che caduque o teu carné este ano, aproveita esta ocasión, así poderás renovalo cando chegue o momento, sen estar pendente de buscar un curso de reciclaxe. Non se realizan moitos pola zona

O Concello de Xove organiza un curso de reciclaxe para socorristas acuáticos en espazos naturais

  • PARA QUEN?: Para socorristas con certificado de profesionalidade de SOCORRISMO ACUÁTICO EN ESPAZOS NATURAIS
  • CANDO? O sábado 12 e domingo 13 de xuño deste ano
  • QUE HORARIO TERÁ?: Das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 20:00 h. (16 horas de duración total)
  • CANTO CUSTA?: 45 euros
  • QUE TEÑO QUE FACER PARA ANOTARME? Cubrir a ficha de inscrición e facer o pago, logo rexistrala no Concello de Xove
  • CANDO TEÑO QUE INSCRIBIRME? Ata o 16 de abril.

PARA SABER MÁIS INFORMACIÓN DA INSCRICIÓN: 982592001 (Carolina Louzao)

Print Friendly, PDF & Email