O teu negocio víuse afectado polo COVID-19 e aínda non solicitaches as axudas do IGAPE?

PROGRAMAS REACTIVA COMERCIO, TURISMO E SERVIZOS SEGUROS: PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 31 DE XULLO

Autónomos e pemes poden solicitar ata o 31 de xullo as axudas dos programas Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros, postos en marcha pola Xunta para impulsar a reactivación dos sectores dos servizos, o comercio, o turismo e o transporte, apoiando a instalación de medidas de protección que garantan a seguridade de traballadores e clientes.

A tramitación realízase de xeito rápido e sinxelo e inclúe a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda, pola metade da contía dos investimentos realizados. As iniciativas subvencionadas poden ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma

As axudas destinaranse a cubrir os gastos realizados para a adquisición de equipos de protección individual e de desinfección; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección. 

MÁIS INFORMACIÓN

Imaxe: freepik

Print Friendly, PDF & Email