Sesións en liña no curso de Socorrismo do Concello de Xove

O curso de Socorrismo Acuático en espazos naturais que está a impartir o Concello de Xove víuse interrompido o pasado 12 de marzo, por ese motivo desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local e a través do docente Javier Villares deseñouse unha aula virtual e iniciaronse sesións de traballo en liña cos seguintes obxectivos:

  • Manter a forma física para poder reanudar en mellores condicións as clases presenciais.
  • Manter o vínculo coa formación de socorrismo e co grupo alumnado-docente.
  • Fomentar a práctica de hábitos saudables
  • Continuar co traballo en valores iniciado coa acción formativa: unión, compromiso, colaboración e respecto.

O Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local anima ao alumnado e valora a consecución destes obxectivos e agradece ao docente este seu traballo e o feito de constituir un exemplo a seguir.

Print Friendly, PDF & Email