LANZADEIRAS DE EMPREGO NA CORUÑA, SANTIAGO, FERROL, LUGO E PONTEVEDRA

LANZADEIRAS DE EMPREGO 2018

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, xunto coa Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, pon en marcha unha nova edición das lanzadeiras de emprego, que se levarán a cabo nas localidades de:

A Coruña

Santiago de Compostela

Ferrol

Lugo

Pontevedra

En que consiste este programa?

Cada lanzadeira servirá para ADESTRAR a un equipo de 20 persoas desempregadas para realizar unha NOVA PROCURA DE TRABALLO , acorde ao mercado laboral actual.

Xa non estarás só/a na procura de traballo. Contarás coa axuda dun/ha técnico/a durante os 5 meses que dura o programa. Contigo estarán tamén outras persoas desempregadas, que vos axudaredes mutuamente a buscar traballo.

Que actividades farás na lanzadeira?

  • Aprenderás a actualizar o teu currículo e adestrarás procesos de selección reais, con simulacións de entrevistas de traballo.

  • Coñecerás novas técnicas de comunicación e marca persoal, para saber presentarte mellor a un posto de traballo.

  • Reforzarás a procura de emprego na internet, en portais de emprego e redes sociais, con obradoiros para manexalas correctamente.

  • Todos xuntos faredes un rastrexo de empresas da contorna e visitarédelas para darvos a coñecer como profesionais.

Características das lanzadeiras

A participación é VOLUNTARIA e as actuacións son TOTALMENTE GRATUÍTAS, polo que TAMPOUCO darán lugar a COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS

Que resultados teñen as lanzadeiras de emprego?

Con este esquema funcionaron xa máis de 450 lanzadeiras por todo o país con máis de 10.000 participantes, dos cales máis do 50% conseguiron un emprego por conta propia ou allea..

Anímaste a participar?

Tés ata o 31 de outubro de 2018 para inscribirte na web de lanzadeiras, onde atoparás toda a información: http://lanzaderasdeempleo.es/formulario-de-inscripcion..

Tamén podes informarte, solicitar e entregar impresos de inscrición a través:

– das oficinas de emprego

– dos axentes de emprego e desenvolvemento local

Máis información?

Facebook: LanzaderasDeEmpleo

Twitter: @Lanzaderas_EES

Tel.: 91 522 12 62

Email: info@lanzaderasdeempleo.es

8. Os interesados no programa poderán dirixirse a calquera oficina do SPEG ou aos axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia.

9. As solicitudes de participación neste programa recibidas en formato papel, deberán remitilas á MAIOR BREVIDADE POSIBLE, a:

LANZADEIRAS DE EMPREGO 2018

Subdirección Xeral de Emprego

Secretaría Xeral de Emprego

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Edif. Administrativos San Lázaro, s/n – planta 2ª

15781 Santiago de Compostela

a medida que se vaian recibindo, co fin de poder centralizar na Secretaría Xeral de Emprego todas as solicitudes e poder remitilos ás persoas que actúen como coordinadoras para que poidan facer as entrevistas canto antes.

Se existe alguna dúbida neste sentido poden poñerse en contacto con:

María Fernández Mariño – tel.: 981544690maria.fernandez.marino@xunta.gal

10. Este programa vaise desenvolver durante un período de 5 meses, catro días á semana en horario de 9:00 a 14:00 h.

Print Friendly, PDF & Email