CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA OBTER O CELGA 2 E O CELGA 4

Convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018.

  • As probas do Celga 2 e do Celga 4 terán lugar entre a segunda quincena de novembro e a primeira fin de semana de decembro de 2018. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
  • Localidades onde se realizarán as probas e niveis

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Localidade

Nivel

Santiago de Compostela

Celga 2

Celga 4

Ponferrada

Celga 2

Celga 4

  • As sedes e horarios de realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

MÁIS INFORMACIÓN

 

Print Friendly, PDF & Email