PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO SHERPA JOURNEYS: PRESENTACIÓN DE INICIATIVAS ATA O 30 DE SETEMBRO


A plataforma eurorrexional de apoio ao emprendemento Sherpa do Mar, na que colabora a Xunta, está á procura de 12 proxectos ou ideas de negocio relacionadas directa ou indirectamente co eido mariño-marítimo, para apoialas a través da metodoloxía Sherpa Jouneys e a súa rede de axentes, aceleradoras e iniciativas. As persoas interesadas poden inscribir as súas iniciativas ata o vindeiro día 30.

A plataforma eurorrexional Galicia-Norte de Portugal Sherpa do Mar ten como obxectivo o fomento da competitividade no eido mariño-marítimo a través do impulso de empresas de base tecnolóxica.

MÁIS INFORMACIÓN