O Polo Mondoñedo únese ao resto de Polos da provincia de Lugo, os polos A Fonsagrada, Friol, Monforte de Lemos, Sarria, e ao Lugar das Marías, un establecemento turístico situado en Xove, para realizar nas súas instalacións unha xornada dinámica na que os diferentes representantes de comercios hosteleiros de Lugo poderán coñecerse entre eles e explorar posibles colaboracións futuras. 

Esta sesión busca xerar opcións de actividade económica, fomentar o networking, mellorar a competitividade de cada un dos proxectos das persoas asistentes aproveitando as sinerxías e aumentar a visibilidade da provincia de Lugo como destino turístico. 

O programa será o seguinte:  

16:00 – 16:10 h. Recepción das persoas asistentes  

16:10 – 16:20 h. Benvida e presentación dos polos de emprendemento e apoio ao emprego da provincia de Lugo 

16:20 – 17:45 h. Presentación dos proxectos dos polos 

17:45 – 18:15 h. Dinámica de participación en grupos de asistentes 

18:15 – 18:30 h. Conclusións finais orientadas á creación dun produto conxunto de colaboración e peche da xornada

O evento será celebrado o martes 15 de outubro no Lugar das Marías (Lugar A Veiga nº 15, A Rigueira, Xove). 

Únete á gran xuntanza do turismo lucense, non deixes pasar esta oportunidade! 

INSCRÍBETE