
Traxectoria
No ano 1987, Fina e o seu marido abriron en Xove unha funeraria, tomando desta forma as rendas dunha encomiable, ó igual que delicada, tarefa ó servizo do cidadán. Todo elo empuxados pola necesidade que detectaron no pobo xa que ata o momento non había ningunha. Máis adiante, no 2002 xa montaron o tanatorio onde se intenta acoller ás persoas con todos os servizos necesarios para sobrelevar os momentos complicados da mellor maneira posible. Desde floraría e lápidas, ata asesoramento xurídico e acompañamento psicolóxico. Este servizo tan compmleto de tanatorio chegou a Xove incluso antes que en Viveiro, o que supuxo que os habitantes do pobo tiveran un servizo necesario.
Adáptanse en cuestión de linguaxe, xa que o galego é o idioma principal das persoas que acoden ao seu negocio. O seu fillo é o responsable do negocio desde o 2008.
Contacto
Enderezo: Av. Diputación, 43 27870 Xove (Lugo)
Teléfono: 982 59 21 87
Email: info@funerariaxove.com
Páxina web: funerariaxove.com
Servizo
Servizos funerarios