Traxectoria

Dous irmáns galegos nacidos en Suíza volven ás súas raíces familiares no ano 2004 tras toda unha vida no estranxeiro. Durante os 4 primeiros anos de volta a Galicia, Julio e Miguel

traballaron por conta allea en talleres da zona. Pero, xa no 2008, decidiron emprender e montar o seu propio taller, aproveitando que un se formara como mecánico e outro como chapista. Iso permitía poder abarcar todas as áreas do negocio. Para comezar precisaban unha nave con espazo suficiente, e atoparon a súa actual sede no polígono de Xove.

Os comezos foron duros, sobre todo a nivel administrativo, pero manteñen a gana e ilusión de atender á súa clientela de maneira máis persoal. Algo que os define é que non traballan baixo ningunha marca, o que lles permite asesorar a cada cliente como se fora o seu propio vehículo, cos traballos e pezas que máis se axusten ás súas necesidades.

A seriedade e formación que adquiriron en Suíza é o que lles fai ser o que son na actualidade.

Para eles é moi importante manter o negocio local, porque cada vez é máis difícil competir coas grandes marcas. Eles apostan pola independencia desas marcas para asegurar un servizo máis de preto.

Contacto

Enderezo: Polígono industrial de Camba 43,44
Teléfono: 982 59 64 87
Email: swissautos@hotmail.com

Servizo

Taller de coches