Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria.
SE ESTÁS PENSANDO EN CONTRATAR PERSOAL OU XA O TES CONTRATADO DESDE O 01/10/2017 ESTA SUBVENCIÓN PODE SER INTERESANTE.
A quen vai dirixido?
1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas, deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
Que contía pode corresponder?
1. A contratación inicial incentivaranse cun bono de 4.000 euros cando a persoa desempregada se encontre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
• Persoas desempregadas de longa duración.
• Persoas en situación ou risco de exclusión social.
• Persoas con discapacidade.
2. As contías establecidas no punto 1 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
– Se a persoa incorporada é unha muller.
– No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
– Persoas maiores de 45 anos.
– Se a persoa incorporada é un emigrante retornada.
Deste xeito a contía máxima posible dos colectivos pertencentes ao punto 1, de aplicarse todos os incrementos, sería 8.000 euros.