En prazo: 27/07/2021 – 26/08/2021 (POR ORDE DE ENTRADA)
- Estas subvencións teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e as empresas de restauración de 25 ou máis persoas traballadoras para o ano 2021
- Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante durante o ano 2021 con respecto aos conceptos seguintes: Gastos derivados da transformación dixital, Gastos derivados de mellora da imaxe da empresa e vinculación coa imaxe de Galicia e do Xacobeo, Actuacións de mellora da accesibilidade nos establecementos: actuacións que permitan mellorar a accesibilidade e configurar unha oferta inclusiva para calquera colectivo, Desenvolvemento de actuacións que permitan melloras na sustentabilidade das actividades turísticas: estudo e definición de proxectos de investimento que melloren a sustentabilidade da empresa, creación de produtos sustentables, oferta baseada en km 0 ou posta en valor de recursos naturais e vinculados co territorio,
- O importe máximo de subvención será do 100 % do gasto subvencionable cos límites que a continuación se expresan:
– Para empresas de 25 a 50 traballadores: máximo de 40.000 €.
– Para empresas de 51 a 75 traballadores: máximo 55.000 €.
– Para empresas de 76 ou máis traballadores: máximo 75.000 €.
FOTO: https://www.freepik.es