Mañá, día 16/05/2018 ábrese o prazo para solicitar esta axuda.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de publicar a ORDE do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras
que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018
(código de procedemento TR341R).

 Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública das axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, contraten unha persoa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.

Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación durante dezaseis (16) semanas máis para a contratación dunha persoa, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

PREME PARA MÁIS INFORMACIÓN