O curso de Socorrismo Acuático en espazos naturais que está a impartir o Concello de Xove víuse interrompido o pasado 12 de marzo, por ese motivo desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local e a través do docente Javier Villares deseñouse unha aula virtual e iniciaronse sesións de traballo en liña cos seguintes obxectivos:
- Manter a forma física para poder reanudar en mellores condicións as clases presenciais.
- Manter o vínculo coa formación de socorrismo e co grupo alumnado-docente.
- Fomentar a práctica de hábitos saudables
- Continuar co traballo en valores iniciado coa acción formativa: unión, compromiso, colaboración e respecto.
O Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local anima ao alumnado e valora a consecución destes obxectivos e agradece ao docente este seu traballo e o feito de constituir un exemplo a seguir.