DATA DA SELECCIÓN: 10/10/2017 ÁS 16:00 HORAS NA AULA DE FORMACIÓN DO CONCELLO DE XOVE
É PRECISO TRAER TODO O NECESARIO PARA REALIZAR UNHA PROBA DE NATACIÓN EN PISCINA ASÍ COMO A TITULACIÓN (FOTOCOPIA) QUE XUSTIFIQUE QUE CUMPREN O REQUISITO DE NIVEL 2.
1. SELECCIÓN DAS PERSOAS DESEMPREGADAS: Poderán asistir unicamente aquelas persoas que recibiran a carta de convocatoria da Oficina de Emprego.
A selección consistirá nunha proba de natación en estilo libre de 200 metros. Eliminaranse as persoas que non consigan completar os 200 metros nadando de forma ininterrompida, así coma aquelas que empreguen máis de 6 minutos. Unha vez realizada a proba, efectuarase unha listaxe cos tempos acadados por cada persoa, excluíndo as persoas eliminadas. As prazas iranse asignando ás persoas que empregaron menos tempo en realizala, as demais formarán parte da lista de espera.
2. SELECCIÓN DAS PERSOAS EN ACTIVO: Poderán asistir aquelas persoas que estean en activo. Deberán aportar a titulación que xustifique que cumpren o requisito de Nivel 2.
Só se realizará esta selección no caso de que queden prazas libres ao rematar a seleción das persoas desempregadas. A proba terá as mesmas características que a das persoas desempregadas.
Como máximo poderanse seleccionar 4 persoas en activo, independentemente das prazas que quedasen libres.
PRIORIDADE PARA AS PERSOAS QUE TEÑAN ALGUNHA UNIDADE DA ESPECIALIDADE XA APROBADA: En ambas categorías terán preferencia as persoas que aporten a documentación comprobatoria de teren superada algunha unidade da especialidade, está prioridade farase efectiva no caso de empate á hora de facer a proba.
A lista de alumnado admitido estará publicada o venres día 13/10/2017 a partires das 11:00 horas na cristaleira da entrada principal do Concello de Xove, así coma na súa páxina web: www.xove.es Blog: https://empregoxove.wordpress.com/
O día 06/09/2017 publicamos esta información:
REQUISITO DE ACCESO: ESO OU SIMILAR (NIVEL 2) E PREFERENTEMENTE PERSOAS DESEMPREGADAS
- DIPLOMA DA XUNTA DE GALICIA
- CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
- MÁIS INFORMACIÓN: CONCELLO DE XOVE 982592001
- GRATUÍTO
- CON PRÁCTICAS
PERSOAS INTERESADAS EN REALIZAR ALGÚN DESTES CURSOS: ACUDIDE Á OFICINA PÚBLICA DE EMPREGO A INDICALO
DATAS DE IMPARTICIÓN:
- CÓDIGO E DENOMINACIÓN DO CURSO: AFDP0209 SOCORRISMO ACUÁTICO EN ESPAZOS NATURAIS
DURACIÓN: 438 H/ EN HORARIO DAS 16:00 ÁS 21:00 HORAS, de luns a venres.
INICIO: 16/OUTUBRO DE 2017
REMATE: 21/FEBREIRO DE 2018