XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS PARA EMPRESAS, COMERCIANTES E EMPRENDEDORES
Día: Luns 23 de abril de 2018
Hora: 20.30 horas
Concello: VIVEIRO
Local: Salón Multiusos do Concello de Viveiro
Acceso libre e gratuíto
Características da xornada:
Destinatarios preferentes:
• Empresarios (de PEMES), comerciantes e traballadores autónomos
Relatores
• Impartidas por técnicos da Consellería de Economía Emprego e Industria (xefa territorial) e pola responsable provincial do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica)
Contido das charlas:
Axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria
• Axudas para autónomos.
• Axudas para contratación de determinados colectivos.
• Axudas para cooperativas e sociedades laborais.
• Axudas para pequenas empresas de nova creación.
• Axudas para comercio.
• Axudas para formación de traballadores.
Axudas do Instituto Galego de Promoción Económica
• Axudas e servizos de apoio a emprendedores.
• Axudas para industrias en funcionamento.
• Préstamos directos do Igape.
• Axudas para internacionalización.
• Axudas de mellora da competitividade
Duración aproximada da xornada: 45 minutos