“Agradezo moito o premio, porque a verdade é que a tapa deunos moito traballo, pero o que realmente me gustou por enriba de todo foi a aceptación da clientela, a resposta da xente foi desbordante, non me esperaba que fose gustar tanto algo tan pequeniño. A formación que recibín de Lucía Freitas foi moi valiosa, aprendín cousas que nin se me ocorrera que se podían facer e que seguín aplicando a outras tapas, por outra parte, de Lucía gustoume todo: a súa implicación, a súa humildade, a súa cercanía,…”