
AXUDAS AOS PROXECTOS DE EMPRESAS PRINCIPALMENTE DO SECTOR SERVICIOS E TURISMO PARA GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NA CLIENTELA
PUBLICARASE EN BREVE E PREVESE QUE TEÑA AS SEGUINTES CARACTERÍSTICAS (pero esta información é susceptible de cambios):
CONCESIÓN POR ORDE DE ENTRADA
BENEFICIARIAS: Pequenas empresas de menos de 50 persoas traballadoras e con actividade no: sector servizos, turismo, comercio, formación . . .
REQUISITO PREVIO: Autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, que debes facer agora mesmo AQUÍ, trátase dun cuestionario moi sinxelo, e ter este paso realizado, ademais de ser moi útil para ti, serve para que cando se publique a subvención, podas solicitala inmediatamente. RECORDA QUE A CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN É POR ORDE DE ENTRADA.
GASTOS SUBVENCIONABLES: (Entran os gastos efectuados desde o 15 de marzo ata a data indicada na resolución.)
- Medidas de protección do persoal e da clientela no establecemento: pantallas, vinilos, dispositivos,…
- Adaptación do establecemento comercial para a redución do contacto da clientela con soportes susceptibles de contaxio: portas de autoapertura, sistemas de autopago, dispositivos,…
- Adquisición de medios de protección para comerciantes e clientes: máscaras protectoras individuais, mascarillas para o persoal do establecemento, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcólicos,…
- Instalación de equipos de desinfección.
- Contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica.
- Cartelaría e puntos de informacións sobre as medidas e normas hixiénicas implementadas no establecemento,…
- Calquera outra actuación que contribúa a protexer a saúde das persoas empresarias, empregadas e clientes fronte ao Covid-19.
Intensidade da axuda
1º) Pequenas empresas ( < 50 traballadores)
- Intensidade da axuda 80% (mínimo 1.200€ – máximo 3.000€)
- Proxecto apoiable: mínimo 1.500€ – máximo 3.750 €
- Anticipo do 50% do importe da axuda sen garantías concedido automaticamente coa resolución positiva sen máis trámite.
2º) Microempresas ( < 10 traballadores) sector turismo:
- Intensidade da axuda 100%
- Proxecto apoiable: mínimo 300€ – máximo 1.200 €
- Anticipo do 50% do importe da axuda sen garantías concedido automaticamente coa resolución positiva sen máis trámite.
IMPORTANTE: Para solicitar a axuda, debes rexistrarte previamente na Oficina Virtual do IGAPE, AQUÍ
A tramitación será telemática.
MÁIS INFORMACIÓN: Rosa Lage; 982592001/ aedl@xove.es