A Xunta de Galicia acaba de aprobar unha subvención ao Concello de Xove para a contratación de 6 socorristas para o verán de 2018.
Aquelas persoas que cumpran os requisitos de formación esixida e que estean interesadas nestes postos, deberán anotarse na Oficina de Emprego de Burela indicando o seu interese e asegurándose de que a Oficina de Emprego ten todos os seus méritos debidamente rexistrados.