O Diario Oficial de Galicia (DOG n.º 226) publica o 27 de novembro unha nova
convocatoria para acreditar a experiencia profesional dos traballadores galegos. Trátase
de 1.800 novas prazas e un total de 11 cualificacións.
Como novidade este ano inclúense dúas cualificacións: Instrución en ioga e Vixilancia
e seguridade privada.
As 11 cualificacións son as seguintes:
- Atención sociosanitaria persoas no domicilio: 300 prazas
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 250 prazas
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 200 prazas
- Socorrismo en instalacións acuáticas: 200 prazas
- Extinción de incendios e salvamento: 150 prazas
- Servizos para o control de pragas: 75 prazas
- Docencia da formación para o emprego: 100 prazas
- Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias
no medio natural e rural: 150 prazas - Confección de artes e aparellos: 75 prazas
- Instrucción en ioga: 150 prazas
- Vixilancia e seguridade privada: 150 prazas
O prazo de inscrición é dende o día 28 de novembro ata o día 27 de decembro de 2019,
ambos incluídos.
Para máis información poden consultar na páxina web da Consellería de Economía,
Emprego e Industria, no portal de Emprego: https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-deinterese/
c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.htm l
Teléfono: 981546840