O primeiro paso, como xa informamos desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, é asegurarse que se está inscrito/a como peón forestal na Oficina de Emprego e en situación de desemprego.
Poderán acceder a estes postos as persoas preseleccionadas pola Oficina Pública de Emprego de Burela, desde alí poranse en contacto contigo para informarte disto.
O día da selección, a saber: 24 de maio de 2022 ás 10:00 horas, deberán traer toda a documentación indicada nas bases e realizar a proba que consiste nun test (o temario está relacionado nas bases) e nunha proba práctica.