Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) convocadas mediante a Resolución do 20 de marzo de 2019:
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
1 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C e D.
2 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O e P.
– Celga 3, en Santiago de Compostela:
8 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B e C.
9 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: D, E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O e P.
– Celga 3, en Ponferrada:
8 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
15 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas.
– Celga 1, en Santiago de Compostela:
16 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas.
No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio para que poidan levar a cabo as probas, a data de realización destas seralles comunicada directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
As sedes e horarios de realización das probas, así como as listaxes de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
As persoas admitidas deberán presentarse 30 minutos antes da hora de inicio da proba provistas do documento que acredite a súa personalidade (DNI, NIE ou pasaporte) e mais dun bolígrafo. Lémbrase, ademais, respecto da proba oral de cada nivel Celga, que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase na sede correspondente unha vez que remate a proba escrita.