O Goberno deu luz verde a unha nova prórroga dos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) e da prestación por cesamento de actividade dos autónomos, tamén coñecida como o paro dos autónomos, ata o o 31 de maio. Ámbolos dous decretos foron aprobados o 26 de xaneiro dentro das medidas para paliar a crise económica provocada pola pandemia e entrarán en vigor o 1 de febreiro.