O programa Explorer, promovido polo Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinado polo CISE co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, brindará formación e mentoring de forma gratuíta a mozas e mozos de 18 a 31 anos que queiran desenvolver as súas ideas de negocio e premiará aos mellores proxectos de cada Explorer Space da USC (Santiago e Lugo) con un viaxe a Silicon Valley e lles permitirá optar a 60.000 euros en financiación.

As peroas emprendedoras poden inscribirse a través de Santander X, ata o 12 de decembro no programa Explorer ‘Jóvenes con Ideas’.

As persoas seleccionadas poderán beneficiarse do acceso aos espazos Explorer Space da USC (Santiago e Lugo), centros de coworking de alto rendemento onde desenvolverán as súas ideas de forma colaborativa, conectarán con outros/as emprendedores/as e recibirán asesoramento personalizado e formación impartida por unha rede de mais de 200 persoas expertas en innovación e modelos de negocio.

Ao finalizar os cinco meses de formación e ideación, o proxecto mellor valorado del cada Explorer Space viaxará a Silicon Valley xunto a outros 56 emprendedores/as de diferentes centros. Ademais, os tres mellores proxectos recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar o seu desenvolvemento.

Gracias á colaboración ca Fundación EY, Explorer conta tamén co premio Woman Explorer Award, que ofrece 20.000 euros para financiar ó mellor proxecto liderado por unha emprendedora e o premio de innovación Disruptive Technology Explorer Award –impulsado por INDRA-, que brindará 3.000 euros e asesoramento por parte de expertos de Indraventures ó proxecto de negocio más innovador.

PREME PARA MÁIS INFORMACIÓN