SE TES INTERESA EN SOLICITALA OU EN TER MÁIS INFORMACIÓN, PÁSATE POLO DEPARTAMENTO DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL, QUE CHA XESTIONAMOS GRATUÍTAMENTE.

Convocatoria 2018 en plazo Prazo:  22/06/2018 – 30/09/2018

Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341S).

Estas bases reguladoras teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, desde a entrada en vigor desta orde ata o 30 de setembro de 2018.

A finalidade deste programa é a concesión de axudas económicas para a realización dun relevo xeracional ordenado nos negocios das persoas traballadoras autónomas.

Persoas beneficiarias

1. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento e, que no momento da transmisión, estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:

a) Que teñan 63 anos ou máis.

b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluído grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.

c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

No caso das persoas traballadoras autónomas societarias para ser beneficiarios desta axuda a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade.

No caso de transmisión do negocio, por ter a persoa traballadora autónoma 63 anos ou máis, debe levar máis de 48 meses de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA).

2. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) tras a súa adquisición.

Subvencións

1. A persoa transmisora e a persoa adquirente terán unha axuda consistente no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € para a persoa transmisora e de 1.500 € para o adquirente.

No caso de que o negocio teña varias persoas donas a axuda consistirá no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € por negocio. Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo conxuntamente a axuda será de 1.500 € por negocio.

Na solicitude deberá indicar se solicita a axuda como persoa transmitinte do negocio ou como persoa adquirente do negocio.

2. O asesoramento poderá ser efectuado por empresas, entidades ou profesionais adicados ao asesoramento e polas asociacións de traballadores autónomos.

3. O asesoramento deberá plasmarse nun contrato que deberá ter as seguintes cláusulas obrigatorias:

a) Contrato asesoramento da persoa transmisora

b) Contrato asesoramento da persoa adquirente

Tamén se pode facer o contrato de asesoramento conxunto para a persoa transmitinte e a adquirente que incluirá as cláusulas citadas no punto a) e b).

3. Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, segundo dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PREME PARA MÁIS INFORMACIÓN