Obxecto

A presente convocatoria inclúese dentro do “Plan integral Desenvolvendo o Rural”. Estas bases teñen por obxecto establecer o procedemento de concesión en concorrencia competitiva de premios a iniciativas empresariais en territorios rurais da provincia de Lugo.

A finalidade dos premios é a de impulsar iniciativas empresariais, favorecer proxectos novos, excelentes, orixinais e innovadores que promovan fixar poboación, a economía e o emprego no territorio rural, que incorporen novos modelos de xestión, produtos sistemas ou servizos que contribúan a xeración de riqueza e calidade de vida na provincia de Lugo.

A quen vai dirixido?

Poderán participar neste convocatoria o emprendedores/as cunha idea ou proxectos de actividade válido e viable(quedara acreditado na memoria descritiva da actividade) para poñer en marcha, en calquera dos municipios da provincia, agás Lugo.

Os destinatarios dos premios, non terán limitación en canto a idade, debendo cumprir os seguintes requisitos:
· Non ter iniciada a actividade económica presentada no proxecto.
· Estar empadroado en algún concello da provincia.
· Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, de Xeral de Subvencións. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da interesado.
· Estar o corrente no cumprimento das obrigas coa Axencia tributaria ( Estado e CCAA), seguridade social e Deputación de Lugo.

A actividade mercantil poderá realizarse en calquera modalidade legal; empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.

Os requisitos e condicións para ser beneficiarios deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Deberá manterse a actividade durante un período mínimo de 2 anos, agás cesamento por causas alleas á súa vontade, o cal se terá que demostrar de forma fidedigna . O Responsable do premio é o solicitante independentemente da fórmula xurídica elixida para materializar a iniciativa empresarial.

Forma e prazos de solicitude

Co fin de incentivar a utilización de medios electrónicos e no marco dos principios da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes de adhesión presentaranse de maneira telemática, na sede electrónica: http://sede.deputacionlugo.org. A presentacióntelemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa enviada dentro do prazo establecido.

Non se admitirá máis dunha solicitude por persoa en relación a unha mesma iniciativa empresarial. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais dende a publicación da convocatoria do presente programa no BOP, previa publicación no Base de Datos Nacional de Subvencións.

Contías e premios

5 Premios de 10.000€.

Os premios establecidos nesta convocatoria non están sometidos ao réxime de mínimis segundo o establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. A estes premios aplicaráselles a retencións legais que correspondan.

PREME PARA MÁIS INFORMACIÓN