AXUDAS DESTINADAS A APOIAR ÁS PERSOAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS AO ABEIRO DO PLAN “RE-ACTIVA XOVE” PARA FACER FRONTE AOS EFECTOS ORIXINADOS POLA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA CON MOTIVO DO COVID-19

PRAZO DE SOLICITUDE : 04/07/2020-01/09/2020 (INCLUÍDOS)

FORMA DE SOLICITUDE: TELEMÁTICA: https://xove.sedelectronica.gal/info.4

MÁIS INFORMACIÓN

CUANTÍAS:

Tipo I: Persoas autónomas e microempresas cuxa actividade se vise afectada por peche.

  • 1.500,00 euros
  • Complemento de 600 euros en función do número de persoas traballadoras ou autónomas colaboradoras a cargo da persoa solicitante no momento da presentación da solicitude, para o caso de que se acredite que non se presentou un expediente temporal de regulación de emprego (ERTE) no momento de solicitar a subvención así como comprometerse a non solicitalo nos 3 meses inmediatamente seguintes á súa concesión.
  • Complemento de 600 euros en función do número de persoas traballadoras ou autónomas colaboradoras a cargo da persoa solicitante no momento da presentación da solicitude, para o caso de ter solicitado ou/e concedido un ERTE no momento de solicitar a axuda, 600,00 euros por persoa  traballadora non afectada polo mesmo.

Tipo II: Persoas autónomas e microempresas cuxa actividade se vise afectada por reducción.

  • 750,00 euros