- Se es unha empresa con persoal de Xove contratado e subvencionado polo PEM
- Se es unha persoa autónoma subvencionada polo PEM
Debes saber que está aberto o prazo ata o 15 de marzo de 2021 para solicitar o cobro da subvención correspondente ao ano 2020
PROCECEMENTO PARA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA: PROCEDEMENTO PEM – LIBRAMENTO
A.- LIBRAMENTO CONTRATACIÓN:
1.- Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en ENLACES DE INTERESE-PLAN EMPLEO 2021- BASES E ANEXOS- CONTRATACIÓN-LIBRAMENTO: ANEXO I, II e III
2.- Ler, cubrir e asinar os anexos descargados
3.- PRESENTAR TELEMÁTICAMENTE: No enlace anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en CATÁLOGO DE TRÁMITES-INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa instancia e presentala, achegando os anexos mencionados, así como a seguinte documentación:
- Copia das transferencias bancarias das nóminas aboadas á persoa traballadora ou certificación bancaria acreditativa do seu pago dos meses polos que se solicita o pago da subvención
- Modelo da Seguridade Social: RNT (Relación Nominal de Traballdores) de todos os meses dos que se solicita o pago da subvención
- Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumplimento das obrigas tributarias (AEAT e ATRIGA) e coa SeguridadeSocial)
- Certificación expedida pola entidade bancaria na que conste o número de conta e titular da mesma
B.- LIBRAMENTO AUTOEMPREGO:
1.- Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en ENLACES DE INTERESE-PLAN EMPLEO 2021- BASES E ANEXOS-AUTOEMPREGO-LIBRAMENTO: ANEXO I e II
2.- LER, cubrir e asinar os anexos descargados
3.- PRESENTAR TELEMÁTICAMENTE: No enlace anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en CATÁLOGO DE TRÁMITES-INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa instancia e presentala, achegando os anexos mencionados, así como a seguinte documentación:
- Recibos de pago de Seguridade Social de todos os meses dos que se solicita o pago da subvención
- Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimentodas súas obrigas tributarias (AEAT e ATRIGA) e coa SeguridadeSocial)
- Certificación expedida pola entidade bancaria na que conste o número de conta e titular da mesma