O Concello de Xove, a través do seu PEM subvenciona ás empresas de calquera forma xurídica (tamén de fóra de Xove) que contraten persoal do municipio por un período mínimo de 6 meses.
As empresas poden obter ata un máximo de 6.300 euros
Ademais, tamén poden solicitar un listado de persoal da Bolsa de Emprego do PEM segundo as características e requisitos que precisen para levar a cabo unha selección acorde coas súas necesidades laborais
DATOS PEM 2021
CONTRATACIÓNS SUBVENCIONADAS: 42 das cales 17 son indefinidas
AUTOEMPREGO SUBVENCIONADO: 12 persoas autónomas
EMPREGO TOTAL SUBVENCIONADO: 54
CANTIDADE INVESTIDA: 57.708,44 €