Traxectoria

Pinturas Gabriel leva máis de 40 anos ofrecendo servizos de pintura, colocación de parquets, tarima flotante, barnizado e moito máis. Gabriel, nacido en Xove, marchou de pequeno, pero regresou á súa terra natal e fundou o seu negocio en 1982. Dende entón, leva máis de catro décadas traballando en Xove e arredores, consolidándose como un referente na súa especialidade.

O trato de Gabriel coas súas clientas e clientes é totalmente persoal, e o seu compromiso co comercio local é unha das bases do seu éxito. Sempre que pode, consume produtos locais e apoia aos negocios da zona, contribuíndo así ao crecemento de Xove. O galego, a súa lingua natal, é o idioma que utiliza para comunicarse coa súa comunidade, mantendo unha conexión próxima e auténtica coas persoas da vila.