
Traxectoria
Era o ano 1984 cando Fina empezou cun pequeno salón de peitado nun piso de Xove. Pouco a pouco foi afianzando á clientela e, no 1991, trasladouse ó local que ten na actualidade. Iso produciuse pola necesidade que tiñan dun espazo maior e ter un loca a pé de rúa axudaba a facilitar o acceso ás persoas que acudían ó seu salón. Desde os comezos apostaron por un trato personalizado, coñecendo á súa clientela de primeira man e intentando asesorarlos en todo. Teñen servizo de salón de peiteado e estética, e tamén barbaría, case desde o comezo, pero cos anos foron aumentando os servizos ata o que ofrecen agora. O equipo de Fina aposta por un trato familiar e a lingua galega axúdalles a que moitos dos seus clientes e clientas se sintan como na casa.
Contacto
Enderezo: Avda Diputación 25
Teléfono: 982 59 27 36
Facebook: @peluqueriayestetica.FINA
Servizo
Salón de peiteado