Traxectoria

José Luis leva 36 anos ofrecendo peixe fresco aos veciños e veciñas de Xove, asegurándose de que cada día poidan desfrutar dos mellores produtos do mar. Hai 24 anos que Azucena se uniu a esta aventura, formando un equipo entregado e con moita experiencia. Nun tempo no que non había pescaderías na vila, José Luis viu unha oportunidade e colleu un traspaso, mentres os coches ambulantes eran os que traían o peixe.

Co paso dos anos, a pescadería foi evolucionando. Antes, os clientes mercaban o peixe tal cal, pero hoxe en día as esixencias son maiores: hai que preparalo máis, que se limpo, sen espiñas… E José Luis e Azucena están sempre á altura, adaptándose ás necesidades da súa clientela.

O que realmente os diferencia é o trato cercano e persoal que ofrecen. Cada cliente é atendido con dedicación, asegurándose de que leven non só o mellor peixe, senón tamén unha experiencia agradable e de confianza. Aquí, a calidade e a atención son o corazón do negocio.

Contacto

Enderezo: C. Tomas Mariño Pardo, 3
Teléfono: 982 59 27 25