M620FR Ripples on the Pacific Ocean.

Convocatoria 2020

en plazo

En prazo:  29/01/2020 – 28/02/2020

Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2020 e establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á realización de proxectos innovadores no sector extractivo, incluída a transformación e comercialización e tamén operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños, co fin de fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva. 

As axudas terán como finalidade:

Operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños que contribúan á eliminación gradual dos descartes e das capturas accesorias, que teñan como obxectivo desenvolver ou introducir novos coñecementos técnicos ou organizativos, que reduzan os efectos da pesca sobre o ambiente, en particular, mediante técnicas de pesca perfeccionadas e a selectividade das artes, ou que teñan por obxectivo lograr un uso máis sustentable dos recursos biolóxicos mariños e a coexistencia cos predadores protexidos (código de procedemento PE205H). Ler menos

A quen vai dirixido?

1. Poderán ser beneficiarios/as:

a) Propietarios de buques pesqueiros.

b) Organizacións ou asociacións dos anteriores, incluídas as confrarías de pescadores.

2. Cómpre a colaboración dun organismo científico ou técnico segundo o artigo 2, letra a), punto I, desta orde, que desenvolverá as operacións e validará o resultado destas. Para iso deberá existir un contrato ou acordo de asociación/cooperación onde exista unha clara distribución de tarefas e responsabilidades deste último para validar os resultados da operación.

O organismo científico ou técnico deberá ser adecuado segundo a finalidade do proxecto. Cando se estime que o organismo non é o axeitado, requirirase para que o solicitante presente outro no prazo de dez días hábiles.

MÁIS INFORMACIÓN