M620FR Ripples on the Pacific Ocean.

Convocatoria 2020

en plazo

En prazo:  29/01/2020 – 28/02/2020

Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2020 e establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á realización de proxectos innovadores no sector extractivo, incluída a transformación e comercialización e tamén operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños, co fin de fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

As axudas terán como finalidade:

– Proxectos innovadores, entendendo por tales os que teñan como obxectivo desenvolver ou introducir produtos e equipamentos novos ou substancialmente perfeccionados, procesos ou técnicas novas ou perfeccionadas ou sistemas de xestión e organización novos ou perfeccionados no sector extractivo, tamén na transformación e comercialización (código de procedemento PE205G).

A quen vai dirixido?

1. Poderán ser beneficiarios/as:

a) Propietarios de buques pesqueiros.

b) Organizacións ou asociacións dos anteriores, incluídas as confrarías de pescadores.

2. Cómpre a colaboración dun organismo científico ou técnico segundo o artigo 2, letra a), punto I, desta orde, que desenvolverá as operacións e validará o resultado destas. Para iso deberá existir un contrato ou acordo de asociación/cooperación onde exista unha clara distribución de tarefas e responsabilidades deste último para validar os resultados da operación.

O organismo científico ou técnico deberá ser adecuado segundo a finalidade do proxecto. Cando se estime que o organismo non é o axeitado, requirirase para que o solicitante presente outro no prazo de dez días hábiles.

MÁIS INFORMACIÓN