Traxectoria
Marta regresou a Xove despois de traballar fora, tras o falecemento da súa nai decidiu emprender un novo camiño na súa terra natal. Ao principio, traballar na panadería non era algo que a entusiasmase, pero a sorte levou que coincidise coa xubilación de Antonio, o anterior dono, e Marta tomou as rendas do negocio. Dende entón, Panadería Maral converteuse nun referente na vila, cun equipo de 8 persoas que traballan xuntas.
O que realmente os diferencia é o trato humano e o humor, que Marta considera esencial para crear un ambiente próximo e acolledor. A pesar de que as diferenzas coas outras panaderías non son moitas, o que destaca en Panadería Maral é a dedicación e a atención personalizada. Marta tamén colabora con outras panaderías e empresas locais, apostando sempre polo consumo de produtos da zona. “Temos de todo”, di ela, “quizais un pouco máis caro, pero sen dúbida merece moito a pena”.
Para Marta, apoiar o comercio local é fundamental, e sempre que pode, opta por consumir produtos locais ou de arredores, asegurándose de que o seu negocio contribúa ao crecemento e benestar de Xove.