NOTA INFORMATIVA EXPLICATIVA DO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Con data 2 de febreiro do 2019, publícanse no BOP e no taboleiro de anuncios as Bases da Fase II do Programa Tecendo Emprego
Prazo de Inscrición: 04/02/2019 – 15/02/2019. Ambos inclusive.
REQUISITOS: Desempregados ou en situación de mellora de emprego nas que a ocupación laboral sexa igual ou inferior ao 50% da
xornada.
Liña Novel: Dirixida a mozos recen titulados/as (universidade ou da formación profesional), sen experiencia e ata 35 anos.
Liña Senior: dirixida a parados de 30 a 50 anos.
Liña Veterano: dirixida a parados de 51 a 65 anos.
PASOS O SEGUIR POLOS CANDIDATOS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA
1. Inscribirse na Axencia de Colocación da Deputación Provincial de Lugo no enlace
https://deputacionlugo.portalemp.com/ . Non existe limitación de postos aos que inscribirse.
2. Presentar como documentación anexa a requirida na base 4:
Anexo I (Solicitude)
Fotocopia do DNI.
Certificado de empadroamento ou fotocopia da Tarxeta de demanda de emprego/ Mellora de emprego.
Vida laboral, actualizada a data da solicitude.
3. Posteriormente publicarase na páxina web da Deputación de Lugo,
http://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/tecendo_emprego, as citacións aos candidatos, sinalando lugar e hora
para a realización das entrevistas curriculares. Os candidatos deberán estar pendentes de dita publicación.
4. No momento da entrevista os solicitantes deberan acreditar con documentación orixinal os requisitos esixidos no perfil
solicitado:
Titulación: Titulo académica esixido.
Experiencia: contrato de traballo ou nómina para acreditar a experiencia
Outras esixencias do posto publicadas no Anexo de perfís (carné de conducir….)
De non aportar a documentación esixida resolverase como candidato NON APTO na resolución do proceso.
5. Finalizadas as entrevistas, publicarase a relación definitiva de traballadores asignados ás entidades, na páxina web da
Deputación e no taboleiro de anuncios. Os candidatos deberán estar pendentes de dita publicación.
6. Rematado o proceso de asignación dos traballadores ás entidades beneficiarias e nos cinco días seguintes á publicación, estas
terán que formalizar a contratación dos mesmos mediante a modalidade contractual e pola xornada laboral establecida na
solicitude da axuda.