O departamento de Recursos Humanos acaba de publicar a convocatoria para a selección de Persoal Laboral Temporal para o Verán 2019
PUBLICADO NO BOP DE 24 DE XUÑO DE 2019
Por Decreto de Alcaldía de 17 de xuño de 2019, aprobáronse as bases específicas para a contratación de 2 albaneis, 6 peóns de desbroce e 2 recepcionistas da oficina de turismo en réxime de persoal laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: 25 e 26 de xuño a través do rexistro xeral do Concello en horario de 09:00 a 14.00 horas.