
ED114A – PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA: NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4.
Convocadas as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018.
Datas de realización das probas.
Celga 4: 26 de maio de 2018.
Celga 2: 27 de maio de 2018.
Celga 3: 2 de xuño de 2018.
Celga 1: 3 de xuño de 2018.
Estas datas poderán mudarse por razóns de forza maior ou para a mellor administración das probas.
Se o número de aspirantes non permitise a realización da totalidade das probas orais no día sinalado nesta resolución, a Comisión Central de Avaliación determinará o día ou días en que terá lugar a devandita avaliación oral, que serán debidamente publicitados na páxina web http://www.lingua.gal.
PRAZO DE PRESENTACIÓN : 14/03/2018 – 13/04/2018. BENEFICIARIOS:
Maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2018, nacionais ou estranxeiras.
REQUISITOS:
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta resolución e aboar a taxa que se indica na convocatoria.
Deberán indicar a proba ou probas ás cales solicitan presentarse e a localidade.
No caso de que unha persoa que se vaia presentar ás probas teña algunha discapacidade, indicará na súa solicitude o tipo e o grao de discapacidade, a acreditación correspondente, así como o apoio que precisará para poder realizar as probas.
As persoas cunha discapacidade física ou psíquica igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, compresión escrita, expresión escrita) poderán solicitar a exención de realizar a proba ou probas referidas a esas destrezas.