Estado do Obradoiro: SOLICITADO

 

 

 

 

 

 

 

 

O obxectivo dos obradoiros de emprego é APRENDER TRABALLANDO UNHA PROFESIÓN para posteriormente, unha vez rematado, procurar atopar un posto de traballo nela.

No pasado mes de xuño solicitouse á Xunta de Galicia o obradoiro de emprego denominado: SENDAS DE BURELA, CERVO E XOVE (V) para desenvolver conxuntamentes entre os tres Concellos por unha duración de 9 meses (data prevista de inicio: 28/09/2018, se é o caso) e para as seguintes especialidades:

OPERACIÓNS AUXILIARES EN REVESTIMENTOS CONTINUOS EN CONTRUCIÓN (XOVE) EOCB0109 6 persoas alumnas
XARDINERÍA (BURELA) AGAO0108/ AGAO0208 7 persoas alumnas
XARDINERÍA (CERVO) AGAO0108 7 persoas alumnas

As obras que se van facer no Concello de Xove serán as seguintes:

  • Reforma – Acondicionamento e/ou mantemento dos Centros Sociais das parroquias de Monte, Lago, Sumoas, Portocelo e A Rigueira.
  • Reforma – Acondicionamento e/ou mantemento da Pista Polideportiva do Pabillón Municipal de Xove.
  • Reforma – Acondicionamento e/ou mantemento das Cubertas planas e pintado de fachadas exteriores do Colexio Público de Palmeiro (A Rigueira)
  • Reforma – Acondicionamento e/ou mantemento das Zonas comúns e bancadas do campo de fútbol Municipal de Xove.
  • Reforma – Acondicionamento e/ou mantemento do Mobiliario urbano (Farois, bancos e papeleiras) no núcleo de Xove e nos centros sociais indicados no primeiro apartado.
  • Reforma – Acondicionamento e/ou mantemento do Salón de Actos do Centro Cívico Municipal de Xove.
  • Reforma – Acondicionamento e/ou mantemento das viarias, é dicir, sinalización horizontal dos pasos de peóns no núcleo urbano de Xove e Urbanización Palmeiro, así como nas seguintes rúas:
    • Rúa Apeadeiro
    • Rúa Lavandeiras
    • Rúa Pumariño
    • Rúas da Urbanización Palmeiro

Se tes interese en aprender e traballar na profesión de REVESTIMENTOS E PINTURA (Xove), estén pendente de se a Xunta aproba este Obradoiro e como é o proceso de selección de persoal.