O Concello acaba de recibir unha subvención da Xunta de Galicia ao abeiro do programa Aprol Rural para a contratación que a continuación se describe:

POSTOS 4 PEÓNS FORESTAIS
DURACIÓN E XORNADA 9 MESES A XORNADA COMPLETA
REQUISITOS PERSOAS DESEMPREGADAS ANOTADAS NA OFICINA DE EMPREGO COMO PEÓNS FORESTAIS

(Os traballadores e as traballadoras que fosen contratados/as por un período igual ou
superior a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2018 pola Consellería de
Economía, Emprego e Industria no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas
entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas non poderán ser contratados con cargo a este programa)

PROCEDEMENTO AS PERSOAS INTERESADAS HAN DE ANOTARSE NA OFICINA DE EMPREGO, Á MAIOR BREVIDADE, COMO PEÓN FORESTAL OU BEN ASEGURARSE QUE XA O ESTÁN. O CONCELLO SOLICITARÁ Á OFICINA DE EMPREGO DE BURELA PERSOAS CANDIDATAS (APROXIMADAMENTE 12 PERSOAS) ÁS QUE LLES ENVIARÁ UNHA CARTA CONVOCÁNDOAS Á PROBA QUE O CONCELLO FARÁ PARA SELECCIONAR, A TRAVÉS DUNHA PROBA, AS 4 PERSOAS QUE SE CONTRATARÁN.