
A pasada noite publicáronse no DOG as novas restriccións que están vixentes ata as 00:00 horas do 17 de febreiro.
Algunhas das medidas que afectan ás empresas son as seguintes:
PRIMEIRO: Pódese entrar e saír do ámbito territorial de cada concello nos seguintes casos xustificados:
- Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en te-rritorios limítrofes.
- Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
- Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables
- Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
- Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.
SEGUNDO: As limitacións de agrupacións formadas unicamente por persoas conviventes teñen como excepción as realizadas no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
TERCEIRO: MEDIDAS POR SECTORES:
- AXUDA NO FOGAR: Na prestación de asistencia ou axuda no fogar será obrigatorio o uso de máscara por parte das persoas dependentes e daquelas que se atopen no seu domicilio, salvo por motivos moi excepcionais debidamente xustificados.
- TANATORIOS: Límite máximo de 5 persoas por túmulo, agás conviventes, e 15 persoas no exterior.
- COMERCIOS: Deberán prestar un horario preferente a maiores de 65 anos. Pecharán ás 18.00 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior. Poderán pechar á 21:30 actividades como: alimentación, farmacia, combustible
- ALOXAMENTOS TURÍSTICOS: Poderán manter a súa actividade para clientes que se teñan desprazado por motivos xustificados segundo a normativa vixente.
- TAXIS: Non poderá utilizarse o asento dianteiro, e non poderán desprazarse nun mesmo vehículo persoas que non sexan conviventes. O uso de máscara é obrigatorio.
- ESTABLECEMENTOS DE RESTAURACIÓN: Os establecementos de hostalaría e restauración (bares, cafetarías, restaurantes) per-manecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas. A permanencia nestes establecementos de-berá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.