Traxectoria
Nortegal Topografía nace no ano 2014 cando Samuel decide dar o paso e unirse ao negocio familiar fundado polo seu pai, Jesús, que xa contaba con unha clientela. A pesar de que Jesús compaxinaba o seu traballo nunha constructora e a súa labor en topografía era como un hobby, Samuel, co seu título de enxeñeiro, asumiu a responsabilidade e expandiu o negocio. Xuntos, estableceron a oficina actual e comezaron a ofrecer un servizo máis profesional, pero manténdose sempre na súa terra natal, Xove, para seguir ao servizo da súa xente.
Nortegal é unha empresa familiar na que a atención personalizada e a cercanía co cliente son fundamentais. Para Samuel e Jesús, o trato próximo e directo é o que os diferencia e o que lles permite ofrecer un servizo de calidade
Ademais, para Samuel e Jesús é fundamental apoiar o comercio local, tanto no ámbito profesional como persoal, consumindo produtos da zona sempre que lles é posible. O galego, como idioma natal, é o principal medio de comunicación que empregan, mantendo así unha conexión directa coa comunidade local e coas demais empresas da vila.