Convocatoria 2020
En prazo: 29/01/2020 – 28/02/2020
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2020 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 «Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas».
A quen vai dirixido?
a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.
b. Agricultores mozos que se instalan nunha explotación de nova creación.