Convocatoria 2020
En prazo: 29/01/2020 – 28/02/2020
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2020 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 «Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas».
A quen vai dirixido?
Calquera persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos máis de corenta anos, conte coa capacitación e a competencia profesionais axeitadas e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación; poderá establecerse de xeito individual ou xunto con outros agricultores, en calquera forma xurídica.