O pasado martes día 25 de setembro tivo lugar un obradoiro de marketing online ao que asistiron 13 persoas. Houbo representación de  empresas de turismo, aloxamento, restauración e produtos gastronómicos, así como AEDL de varios concellos da Mariña Lucense.

Foi unha xornada na que as persoas asistentes sacaron moito probeito e na que se deron recomendacións das canles que empregar para que as empresas sexan máis visibles, como facer para incrementar vendas, como dar información de interese para as persoas clientes…

Outros dos temas abordados foron: a división en catro tipos de perfís do público obxetivo e a importancia de empregar a canle axeitada en función da idade das persoas as que se quere chegar, a importancia de ter constancia nas publicacións, calidade nas imaxes, uso de hashtags…