Traxectoria

María estivo moitos anos traballando na hostalaría, despois chegou a Covid e o parón que todos coñecemos. Nese intre, os desexos que sempre tivo de ter algo propio, o seu amor pola moda e as circunstancias que estaba vivindo, fixéronlle lanzarse a abrir a súa propia tenda. A ilusión coa que comezou no 2022 segue intacta e reflíctese na vontade e cariño co que asesora e axuda á súa clientela, veciños e veciñas da localidade que acoden facer as súas compras á súa tenda. Comezou con roupa de festa, pero pouco a pouco foi engadindo roupa de diario e tallas grandes para cubrir as necesidades de moitas mulleres que non atopaban prendas que se axustasen ao que precisaban. Para María é moi importante agruparse, que os comercios locais fagan accións conxuntas para potenciar os seus negocios. Ademais, tamén é algo innato para ela empregar o galego no día a día, xa que é a mellor forma de achegarse á súa clientela habitual.

Contacto

Enderezo: Avda diputación 30
Teléfono: 622706375
Email: mariasanjurjoxove@gmail.com
Servizo: Tenda de roupa
Web: https://www.mariasanjurjo.es/
Instagram: https://www.instagram.com/ms_mariasanjurjo/?hl=es
Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100077664442517&locale=es_LA

Servizo

Tenda de roupa