luns día 8 de xuño, ás 12 horas |
A Consellería de Cultura e Turismo, tras o proceso de apertura de establecementos turísticos, convida ao sector a participar no webinar para profesionais no que se presentarán os “Manuais de medidas preventivas ante a COVID-19 para o sector turístico.
Responsables dos departamentos autonómicos de Turismo de Galicia, do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e do Instituto Galego de Promoción Económica ,darán conta do contido destes documentos e doutras liñas de apoio, e resolverán as dúbidas que trasladen os participantes. Dito webinar –cunha duración aproximada dunha hora- realizarase o vindeiro luns día 8 de xuño, ás 12 horas, a través da plataforma para videoconferencias da Xunta de Galicia. Este webinar permitirá a conexión a partir das 11:30 horas
Se ten dificultades para conectarse ao evento poderá pedir asistencia no correo: cau-videoconferencias@xunta.gal Se vostede desexa participar deberá inscribirse facendo clic no seguinte botón: Inscríbase aquí