Traxectoria

Maite Gómez Peluquería nace como empresa no 2022, pero antes Maite xa traballaba no anterior salón de peitado-barbaría que estaba no mesmo lugar. E é que cando Carlos, o seu anterior dono, decidiu traspasalo, Maite non o dubidou e lanzouse á aventura do emprendemento. Sempre tivera ilusión por ter o seu propio salón de peitado e apareceu no momento adecuado. Ademais, un salón de peitado avalado por unha marca como Icon era un reto, unha responsabilidade e un respaldo moi forte, o que fai que se manteña á vangarda e busque formarse de maneira constante. Tamén se sente moi orgullosa de manter a clientela do seu anterior dono. Para Maite é moi importante apoiar ao resto de empresas de Xove porque son as mesmas persoas que despois van ao seu salón de peiteado. Trátase dunha vila pequena que precisa atención personalizada e estar todos unidos. Para Maite, todos os comercios son moi importantes e cantos máis haxa, máis movemento se xera na localidade.

Contacto

Enderezo: Avda Diputación 52 baixoo
Teléfono: 982 59 26 83
Facebook: @MaiteGómezPeluquería

Servizo

Salón de peiteado