
COMO SE DESENVOLVE?
OBRADOIRO DE IDEAS: Decembro 2017
Nesta fase, un máximo de 32 emprendedores seleccionados participarán nun obradoiro de ideas empresariais.
No transcurso do obradoiro os emprendedores, asistidos por consultores especializados, reflexionarán sobre os elementos crave da súa idea empresarial e desenvolverán a estrutura do seu modelo de negocio: actividades clave, segmentos de clientes, canles comerciais e estrutura financeira.
O resultado de todo este traballo recollerase, por escrito, nun anteproxecto de empresa.
DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO: Xaneiro – Xuño 2018
De entre as persoas participantes na Fase I, seleccionaranse para participar na segunda fase do programa, a un máximo de dez anteproxectos, máis tres de reserva.
Nesta fase do programa prestarase asistencia técnica aos 10 anteproxectos seleccionados para o desenvolvemento operativo dos mesmos e consta de sesións docentes, titorías individuais e a presentación pública do proxecto.
Os obxectivos desta fase son: axudar ao emprendedor a perfilar a súa idea de negocio, definir o seu perfil estratéxico e competitivo, determinar as canles de comercialización axeitados, as necesidades financeiras, en definitiva, elaborar un plan de empresa rigoroso que permita implantar a empresa no mercado coas maiores garantías de éxito posibles.
POSTA EN MARCHA DO PROXECTO: Setembro – Novembro 2018
Esta fase consta de titorías individuais de consultoría e apoio á posta en marcha do proxecto empresarial. Esta asistencia técnica prestarase de acordo coas necesidades e circunstancias particulares de cada emprendedor, recollidas no seu plan de implantación.
O obxectivo desta fase é o apoio e seguimento do emprendedor na implantación e saída ao mercado. Para iso prestarase asistencia xurídica e apoio na tramitación de subvencións e axudas, na captación de recursos financeiros e en calquera outro tipo de necesidade que poida ter o emprendedor.
MÁIS INFORMACIÓN: http://programa.juanadevega.org/?lang=gl_ES